GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

ACUDE ÁS XORNDAS DE VERÁN 2010!




Un ano máis Galiza Nova celebra unha nova edición das Xornadas de Verán. Na súa XXII edición, terán lugar na comarca do Morrazo, nos días 24, 25 e 26 de setembro. A través delas, desde a nosa organización queremos contribuír á descoberta e ao coñecemento máis en profundidade da realidade da nosa nación. Así, as e os asistentes poderán disfrutar de actividades diversas, convivio, formación e tamén lecer. O prezo da inscrición é de 22€, incluíndo os desprazamentos en autobús ata o Morrazo e durante os 3 días, manutención, actividades, aloxamento e tamén a camisola propia de Galiza Nova. Para anotarte só tes que enviar un correo ao nacional@galizanova.es antes do día 20 de setembro (17 se pertences a Galiza Nova). Agardámoste!
Programa Xornadas de Verán no Morrazo.
(24,25,26 de setembro de 2010).
VENRES 24.
17:30 – Chegada do bus a Moaña. Montaxe da durmida.
18:15 – Recepción e benvida en Moaña.
20:30 – Charla- coloquio “Economía, ecoloxía e urbanismo en Galiza. Unha ollada dende o Morrazo”
22:00 – Cea
23:30 – Festa Concerto.
SÁBADO 25.
11:00- Roteiro en Cangas “Introducción á historia de Cangas e da comarca do Morrazo”.
12:00- Visita ao Hío/ Aldán/ facho de Donón.
14:00- Xantar no Lago de Castiñeiras (Marín).
Ata ás 17:00 esparcemento.
17:30- Visita ao Parque Multiaventura.
21:00- Cea en Marín.
22:30- Saída nocturna celebrando o San Migheleiro (Marín).
DOMINGO 26
11:00 Visita ao museo Massó e visionado de documental.
13:30 Homenaxe a Johan Carballeira, alcalde nacionalista do 36, coa intervención do Alcalde de Bueu, familiares, a Asociación de Amigos de Johan Carballeira e a Secretaria Xeral de Galiza Nova.
14:30 Xantar.
16:30 Regreso a Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario