GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

sábado, 18 de septiembre de 2010

17S- DÍA DE LOITA!





Galiza Nova participou da Xornada de loita da CIG-mocidade!
Na mañá de onte Galiza Nova estivo presente nas concentracións convocadas pola CIG-Mocidade nas 7 cidades do país. A nosa organización estivo presente nelas con material e tamén nalgunhas con comitiva propia. O lugar da concentracións foron as ETT`s: Laborman en Lugo, Manpower na Coruña, Pontevedra e Ferrol, Nortempo en Compostela, Adecco en Ourense e Ader na cidade de Vigo. Nesta última concentración as e os asistentes foron expulsados pola policía do interior da ETT e posteriormente identificados nun intento de acalar as voces das mozas e mozos alí congregados que clamaban por un emprego digno e de calidade. A convocatoria realizada pola sección xuvenil do sindicato nacionalista, en contra da maior precarización laboral das mozas e mozos que supón a contrarreforma laboral aprobada polo goberno do PSOE, tivo por obxecto denunciar a explotación da mocidade que simbolizan as ETT´s, que resultan ser as principais beneficiadas pola reforma laboral. Nos vindeiros días a actividade será intensa de cara a chamar a xente nova a secundar a Folga Xeral do 29 de setembro, en Galiza Nova contamos contigo. As mozas e mozos temos que mobilizarnos na defensa dun emprego digno e polo futuro de Galiza. Súmate a nós

No hay comentarios:

Publicar un comentario