GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

29S-FOLGA XERAL!




Galiza Nova apoia a Folga Xeral do vindeiro 29 de setembro contra as medidas en materia laboral adoptadas polo PSOE desde o goberno do Estado. Así, baixo o lema "Mocidade con emprego, pobo con futuro!" sumámonos á convocatoria feita pola CIG, o noso referente sindical, e chamamos á mocidade galega a secundar a Folga Estudantil en apoio da Folga Xeral durante ese día. Dende Galiza Nova somos conscientes da importancia de que nos mobilicemos para non permitir que os dereitos laborais das traballadoras e traballadores se vexan recortados. Ao longo destes días desde Galiza Nova realizaremos diferentes actividades co obxectivo de facerlle chegar ás e aos máis novos a importancia de que tamén nós apoiemos esta convocatoria. Súmate a nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario