GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

lunes, 31 de mayo de 2010

CONCENTRACIÓN POR PALESTINA

Foto da concentración 01/06/2010

Galiza Nova condena o ataque israelí que tivo lugar esta madrugada contra os barcos dunha expedición humanitaria que levaba axuda á poboación palestina, rompendo o bloqueo do estado de Israel á franxa de Gaza. Este ataque, contra civís desarmados, no que máis unha vez o estado sionista de Israel vulnera o direito internacional e os direitos humanos tivo como resultado máis dunha ducia de vítimas mortais ademais de perto de 30 feridos.

O BNG ven de demandar no Congreso dos Deputados a comparecencia urxente do ministro de exteriores do Estado español para explicar que actuacións está a desenvolver o Goberno español para impedir os ataques de Israel contra a frota humanitaria.

Do mesmo xeito, Galiza Nova estará presente, e chama á mocidade galega a participar das concentracións que terán lugar este martes 1 de xuño nas diferentes cidades do país para defender unha vez máis o dereito do pobo palestino á súa soberanía e para demandar a actuación urxente da UE e da comunidade internacional para pór freo ás agresións do estado de Israel esixíndolle responsabilidades polos seus actos criminais.

En Compostela, convócase á cidadanía á concentración que terá lugar na praza do Toral ás 20:30h

No hay comentarios:

Publicar un comentario