GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

jueves, 22 de julio de 2010


Galiza Nova organiza novamente o acto de homenaxe a Rosalía e Castelao. que terá lugar o 24 de xullo ás 17:30 h no Panteón de Galegos Ilustres en San domingos de Bonaval. O acto contara coa presenza de:

· Mª do Pilar García Negro: Doutora en F. Románica e prof. da UDC. Deputada do BNG de 1989 a 2003 e directora xerente da Fundación Bautista Álvarez.

· Guillerme Ignacio Costa: músico e vocalista do grupo galego Quempallou.

· Comba Campoy García: xornalista e actriz.

· Uxío Novo Rei: Lic. en CC Políticas e director de publicidade da empresa galega Rei Zentolo. Fillo de Uxío Novoneyra.

· Federico Pérez Rei: actor e guionista.

· A actuación musical correrá a cargo do Coro da Asociación Musical Solfa de Santiago de Compostela. Teremos tamén a intervención de Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova e de Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG.

· Para rematar o acto farase a ofrenda e o canto do himno galego acompañados de Iván Area.

No hay comentarios:

Publicar un comentario