
O Bloque Nacionalista Galego quer manifestar o seu apoio á manifestación en solidariedade con Cuba convocada para este domingo en Santiago de Compostela (12.30 horas, Alameda) pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
O Bloque Nacionalista Galego, que ten lamentado a morte de Orlando Zapata, demanda respecto ao dereito do pobo cubano a decidir o seu futuro sen inxerencias externas.
A formación nacionalista insta ao Goberno cubano a que tome todas as medidas posíbeis para preservar a vida e integridade das persoas privadas de liberdade, mais ao mesmo tempo demanda o respecto dos dereitos humanos en todos os países do mundo. Neste sentido, cómpre recordar as violacións dos dereitos humanos na propia Illa de Cuba que se producen na base militar de Guantánamo, baixo soberanía estadounidense.
O BNG defende que a política exterior do Estado español en relación con La Habana se basee no diálogo e na colaboración, mais sempre dende o respecto da soberanía nacional de Cuba.
Asemade, demanda o imediato levantamento do bloqueo económico que desde hai case medio século sofre o pobo cubano. É hora de que se cumpra a legalidade internacional e se atendan as innumerábeis resolucións de Nacións Unidas condenando aos Estados Unidos pola súa política de bloqueo a Cuba.
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_1422.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario