GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

miércoles, 28 de abril de 2010

1 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA CONTRA O PARO XUVENIL E A PRECARIEDADE TRABALLO DIGNO E NA TERRA!




Desde Galiza Nova, consideramos preocupante a situación laboral da mocidade en Galiza, caracterizada polas elevadas taxas de paro e precariedade laboral que se teñen elevado nos últimos meses a consecuencia da actual crise económica. Segundo a enquisa de población activa do terceiro trimestre do 2009, na Galiza temos unha taxa de paro do 43.7% entre a mocidade de 16 a 19 anos, que triplica a dos maiores de 25 anos. O que indica que é precisamente a mocidade o colectivo que primeiro, e con maior intensidade, padece os efectos da crise. A isto hai que sumarlle as condicións de precariedade daquelas mozas e mozos empregados (temporalidade, baixos salarios...) ou a daquelas/es que tiveron e teñen que emigrar cada ano para acceder a un posto de traballo fóra da nosa nación, Galiza.

Esta problemática estrutural, produto do actual sistema económico capitalista e da situación de dependencia que sofre Galiza, vese agravada no actual contexto de crise económica, cunhas consecuencias, que ademais de afectar ao conxunto da clase traballadora, están golpeando de xeito especialmente duro á mocidade: co incremento do paro, expedientes de regulación de emprego (ERE), propostas por parte da patronal para a reforma laboral destinadas ao abaratamento do despido e perda de dereitos. Con esta situación o futuro para a mocidade galega é incerto non só dende o punto de vista individual senón colectivo.

Mentres, o Psoe no goberno do Estado, ameázanos cunha nova reforma laboral que propón ampliar dos 21 aos 24 anos os contratos de formación, condenando a milleiras de mozas e mozos a condicións de traballo de miseria, sen tan sequera garantías laborais, ao mesmo tempo que propoñen potenciar o papel das ETT´s de xeito escandaloso, en detrimento dos servizos públicos de emprego. Do mesmo xeito o Psoe propón seguir coa política de bonificacións á contratación de xente nova, sen que se tiveran producido melloras no emprego xuvenil nos últimos anos e pola contra se tivesen despilfarrado millóns de cartos públicos.

Medidas que o único que perseguen é facer recaer as consecuencias da crise sobre as clases populares.Así mesmo, o Partido Popular na Xunta de Galiza, mira para outro lado e preocúpase de maquillar os datos sen poñer en marcha nin unha soa medida a nivel laboral para a mocidade neste ano de goberno.

Dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, consideramos vital para Galiza e o futuro da xente nova, un cambio de rumbo nas actuais políticas sociais e económicas. Por iso aproveitamos todos os días do ano, pero especialmente o 1º de maio, día Internacional da clase traballadora, para reivindicar unhas condicións de traballo dignas ao igual que outras traballadoras e traballadores en todo o mundo. Loitas que aquí na Galiza teñen nomes e apelidos: Tréves, Caramelo, Montoto, Metal, Alfageme,...e que son un exemplo de dignidade e compromiso para nós. Súmate a nós contra o paro xuvenil e a precariedade. Loita por un traballo digno e na Terra!.

martes, 27 de abril de 2010

1º DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL D@S TRABALLADOR@S


http://www.galizacig.com/avantar/files/documentos/Panfleto_Primeiro_Maio_2010.pdf

Manifestación en Santiago de Compostela, ás 12:30 h. con saída da Praza Roxa

Como cada ano, a CIG de Compostela ven de organizar un Xantar Popular para celebrar o 1º de Maio. A comida, que terá lugar despois da manifestación que está convocada para as 12:30 hs na Praza Roxa de Compostela, ten prezos populares (10€ traballador@s e 6€ estudantes e parad@s) e para apuntarse hai que chamar ao local da CIG no 981583200 antes do xoves.





martes, 13 de abril de 2010

GALIZA CON CUBA!


O Bloque Nacionalista Galego quer manifestar o seu apoio á manifestación en solidariedade con Cuba convocada para este domingo en Santiago de Compostela (12.30 horas, Alameda) pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

O Bloque Nacionalista Galego, que ten lamentado a morte de Orlando Zapata, demanda respecto ao dereito do pobo cubano a decidir o seu futuro sen inxerencias externas.


A formación nacionalista insta ao Goberno cubano a que tome todas as medidas posíbeis para preservar a vida e integridade das persoas privadas de liberdade, mais ao mesmo tempo demanda o respecto dos dereitos humanos en todos os países do mundo. Neste sentido, cómpre recordar as violacións dos dereitos humanos na propia Illa de Cuba que se producen na base militar de Guantánamo, baixo soberanía estadounidense.


O BNG defende que a política exterior do Estado español en relación con La Habana se basee no diálogo e na colaboración, mais sempre dende o respecto da soberanía nacional de Cuba.


Asemade, demanda o imediato levantamento do bloqueo económico que desde hai case medio século sofre o pobo cubano. É hora de que se cumpra a legalidade internacional e se atendan as innumerábeis resolucións de Nacións Unidas condenando aos Estados Unidos pola súa política de bloqueo a Cuba.


http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_1422.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

lunes, 5 de abril de 2010

Concentración Queremos Galego e nova charla pola lingua

Galiza Nova Compostela anima á mocidade a sumarse á convocatoria da plataforma Queremos Galego que terá lugar o vindeiro mércores 7 desde as 16:15 na Sede do Consello Escolar de Galiza, no número 2 da compostelá Rúa de San Roque. O motivo é a xuntanza que alí terá lugar para analizar o Anteproxecto do decretazo contra o idioma galego. Facemos un chamamento á participación nesta nova mobilización pola nosa lingua e contra as políticas antinormalizadoras do goberno do PP aplaudidas polos seus medios afíns e grupos marxinais contrarios ao idioma.

Na mañá do mesmo día 7 terá lugar un novo acto a prol do galego no Instituto Número 1 de Ordes desde as 11:40 da mañá.