GALIZA NOVA COMPOSTELA

Mi foto
Pertencemos a unha organización nacional e trasladamos ás nosas comarcas e localidades a nosa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

miércoles, 13 de enero de 2010

Ceia-recital-acto político comarcal de Galiza Nova Compostela



Galiza Nova Compostela está a organizar unha cea, recital e acto político para este sábado ás nove menos cuarto da noite no restaurante Monte da Condesa, cun prezo de 17 euros.

Na cea contaremos coa presencia de persoeiros de renome do nacionalismo que realizarán lecturas de poesías como reivindicación da nosa lingua, así como as intervencións políticas de compañeir@s de Galiza Nova.

Tamén contaremos coa actuación musical de Mini e Mero.


Anótate no correo da comarca!

galizanovacompostela@gmail.com


Saúde e patria!








.

Xornadas feministas: DESTRUINDO O XÉNERO, ABOLINDO O PATRIARCADO. Apúntate!



Galiza Nova Compostela organiza as xornadas de formación feministas "Destruíndo o xénero, abolindo o Patriarcado"

Mediante esta actividade a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Compostela pretende abordar diferentes temas de debate do Feminismo contemporáneo. As persoas anotadas recibirán por correo electrónico os materiais que serán obxecto de debate.

A xornada terá lugar o vindeiro sábado 16 de xaneiro a partires das 10h. Pararase para comer ás 14h, nun xantar organizado pola comarca de Galiza Nova Compostela, no local d'O Galo, totalmente de balde.



Para participar só te tes que anotar en

galizanovacompostela@gmail.com



.

Concurso: DESEÑA A NOVA CAMISOLA DE GALIZA NOVA COMPOSTELA!

Gústache deseñar?

Participa no concurso de Galiza Nova coas tuas mellores creacións!





BASES CONVOCATORIA CONCURSO EDICIÓN
DUNHA CAMISOLA PARA GALIZA NOVA COMPOSTELA



A QUEN VAI DIRIXIDO?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en
Galiza, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade
cumpridos.

A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta
disposición, e unicamente Galiza Nova-Compostela queda facultada para
dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para
decidir a suspensión do concurso no caso de non acadarse unha participación
mínima. A información contida nesta parte xeral debe ser cumprimentada co
disposto na parte específica.

INSCRICIÓNS.
A solicitude dos participantes deberá facerse mediante correo electrónico
dirixido a galizanovacompostela@gmail.com, no que se indicarán os seguintes
datos: nome, apelidos, enderezo, correo electrónico e teléfono de contacto. No
mesmo correo electrónico, achegarase a proposta de deseño da camisola.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E EMENDA DE
DEFECTOS
O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 29 de xaneiro de 2010.
Se na solicitude se apreciasen defectos, por parte de Galiza Nova-Compostela,
requirirase ao solicitante para que no prazo de 3 días emende a falta, con
indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición.


TEMÁTICA
A temática para a edición da camisola é libre. Unicamente se debe axustar aos
parámetros ideolóxicos establecidos nos Estatutos de Galiza Nova. Ademais, a
proposta de deseño deberá incorporar o logo de Galiza Nova-Compostela.
(podes atopalo en: http://www.galizanova.org/, ou solicitalo no correo galizanovacompostela@gmail.com)

COMISIÓN DE SELECCIÓN.
A comisión de selección será a Dirección Comarcal de Galiza Nova-
Compostela. A decisión da comisión de selección será inapelable.

TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN.
As solicitudes remitiranse ao correo electrónico anteriormente citado, á
atención da Dirección Comarcal de Galiza Nova-Compostela, que examinará e
valorará os diferentes deseños en función da súa calidade e proporá a
adxudicación do premio.
A decisión será notificada a todos os solicitantes no prazo máximo de 15 días,
contados desde o día seguinte ao da resolución do concurso.

OBRAS E PREMIOS.
Cada participante poderá presentar varios deseños. As obras presentadas
polos/as participantes deben ser orixinais e non poderán ter sido premiadas no
momento do remate do prazo de presentación de solicitudes, noutros certames
ou concursos.

Galiza Nova-Compostela quedará eximida de calquera responsabilidade
derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en
materia de propiedade intelectual puidesen incorrer os/as participantes.
Establécese o seguinte premio: lote de libros e diverso material audiovisual
sobre a cultura galega.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de premio, a aquelas
obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden a suficiente calidade.

DESTINO E DEVOLUCIÓN DAS OBRAS
As obras dos participantes premiados quedarán en posesión de Galiza Nova-
Compostela que poderá desenvolver as accións que considere oportunas
encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados incluídos na presente
convocatoria. A presentación a esta convocatoria implicará, no caso do traballo
premiado, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a
cesión a favor de Galiza Nova-Compostela dos dereitos de edición. O feito de
participar nesta convocatoria supón a autorización dos/das participantes, a
favor de Galiza Nova-Compostela, para montar exposicións e/ou para a
exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras
presentadas por calquera medio que se estime oportuno, sen máis limitacións
que as derivadas da lexislación vixente.
Os autores e as autoras quedarán comprometidos/as a realizar as
modificacións precisas nos traballos finais e/ou subministrar os arquivos de
código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente
no formato máis adecuado. Os deseños dos/as participantes non premiados/as
ou, de ser o caso, deberán ser reclamados por eles no prazo de 15 días a partir
do día seguinte ao da resolución do concurso. Transcorrido este prazo, as
obras non retiradas quedarán á disposición de Galiza Nova-Compostela que
poderá darlles o destino que estime oportuno.

lunes, 11 de enero de 2010

AUTODETERMINACIÓN!






Galiza Nova desenvolveu unha campaña nacional polo dereito de autodeterminación, na defensa dun Estado galego soberano.

Nas distintas localidades da comarca levamos a cabo coladas, penduramos faixas en diversos lugares e realizamos un acto simbólico de cambio de placa na Rúa Juan Carlos I, colocando enriba unha co nome "Praza da Autodeterminación".


A solución: Autodeterminación!






,

Charlas no ensino medio contra o Decretazo



Este xoves 14 de xaneiro Galiza Nova Compostela organiza dúas charlas no IES Eduardo Pondal, para achegar ás mozas e mozos do ensino medio a necesidade de axir contra o Decretazo do PP que procura a discriminación da nosa lingua tamén no ensino, atacando un dos nosos dereitos fundamentais como pobo, e instando tamén que, na defensa da nosa lingua, acudamos tod@s o 21 de xaneiro á manifestación nacional convocada ás 11.30 na Alameda de Compostela.



A charlas desenvolveranse ás 11.15 e ás 13.35, coas seguintes intervencións:

-FRANCISCO REI. Portavoz da plataforma Queremos Galego.
-PEDRO ORTUETA. Vicerresponsable comarcal de Galiza Nova Compostela.


Moderará Miguel Baleato, responsabel comarcal de organización de Galiza Nova Compostela.




Animamoste a participar nestas charlas-debate, e a acudir á manifestación.



Na defensa da lingua, nin un paso atrás!




,

Benvid@!

Benvid@ ao blogue de Galiza Nova Compostela.


Neste espazo que estamos a inaugurar poderás coñecer o dia a dia da nosa organización en Compostela, os nosos posicionamentos políticos de relevancia así como información sobre as actividades que realizaremos, nas que por suposto estás convidad@ a participar!


Se queres máis información, podeste poñer en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico:


galizanovacompostela@gmail.com


Saúde e patria!



.